Promotor
Câmara Municipal de Barcelos
Sinopse
Apetéceme caer para riba ata un lugar descoñecido sen precisar de mapas para subir montañas nin indicacións para abrir e pechar portas de castelos imaxinarios! Como xogar a un novo xogo… e saltar á primeira paisaxe!” O espectáculo evoca a amizade, as separacións, a necesidade de coñecemento e a aventura de medrar desde a igualdade, rompendo os arquetipos de xénero. As imaxes suxeridas polo texto, a evocación da música e a axilidade do xogo físico crean un universo cómico e poético que viaxa dende a fantasía ata o nacemento da curiosidade humana. Nun misterioso CUBO, dúas persoas moi diferentes son quen de vivir en harmonía. Ela é curiosa e decidida, el é tenro e vulnerable. Xogan, divírtense e rin, pero un día ela decide ir máis aló, quere viaxar en busca de novas preguntas e descubrir o mundo enteiro. El está contento coas súas respostas, séntese cómodo, seguro, e non quere máis que balancearse eternamente no bambán do seu CUBO. Sempre conseguiron poñerse de acordo pero esta vez semella moi complicado. Que solución atoparán? A estrutura escenográfica ten 2 metros de lado e as súas caras ábrense, péchanse, móntanse e desmóntanse. A figura xeométrica de 8m3 é incriblemente sólida para soportar os corpos dos intérpretes e maxicamente lixeira para erguerse e xirar polo escenario como un enorme xoguete de madeira.
M 4
Duração 45 Minutos